Escolas Infantís Cuquiños

Novas

Celebración do día da Paz na Escola Infantil de Pontecesures

17-02-2014

O día 30 de xaneiro conmemorouse o día da paz nas escolas infantís Cuquiños, e na escola de Pontecesures os nenos e nenas realizaron varios murais para adormar a escola con motivo dese día.

Celebración do día da Paz na Escola Infantil As Lagoas de Mugardos

06-02-2014

O día 30 de xaneiro, os nenos e as nenas da Escola Infantil de Mugardos, celebramos o día da paz e da non violencia, soltando uns globos brancos ao ceo e rematando cun forte aplauso, pasámolo xenial!!

Feliz 2014!!!

02-01-2014

Desde FESAN, queremos agradecer ás escolas infantís Cuquiños as postais que nos enviaron e desearlles unha feliz entrada do novo ano.

Visita de Papa Noel na Escola Infantil de Pontecesures

26-12-2013

Os nenos e nenas da escola infantil de Pontecesures recibiron a visita de Papá Noel. Foi un día moi especial para eles.

Celebración do Outono e o Samaín na Escola Infantil de Pontedeume

20-11-2013

Na Escola Infantil de Pontedeume traballamos a estación do Outono realizando diferentes actividades como unha exposición de cabazas, manipulación de elementos típicos desta época, realizamos unha excursión ó paseo marítimo do pobo para recoller follas, tivemos un caracol de mascota durante uns días,...

Celebración do Samaín na Escola Infantil "As Lagoas" de Mugardos

19-11-2013

Como non podía ser doutra forma, os rapaces e rapazas da escola, celebarron o samaín.