Escolas Infantís Cuquiños

Novas

O Entroido na escola infantil de As Lagoas (Mugardos)

17-03-2014

A Escola Infantil As Lagoas celebrou o entroido no pavillón municipal o pasado día 5 de marzo. Non faltou ninguén, nenos/as, avós, tíos, irmáns,pais, nais... ninguén quixo perderse a festa á que non lle faltou detalle.

Celebración do Entroido na escola infantil de Becerreá

17-03-2014

Este ano os cativos/as da Escola Infantil Municipal de Becerreá disfrazamonos no Entroido da comida favorita da maioría de Nós " Ovos Fritos con Patacas Fritas " ¡¡¡¡ MMmmmmm.... Qué Rico...!!!!!!

Celebración do Entroido na escola infantil de Pontecesures

07-03-2014

O 28 de febreiro fixeronse xornada de portas abertas para que os pais e nais puidesen disfrutar cos seus nenos e nenas no centro e velos disfrazados.

Nas escolas de Teo celebran el Entroido por todo o alto!!

07-03-2014

O pasado venres 28 de febreiro na escuela infantil de Calo celebraron unha gran festa China. Vaia Geishas máis guapas había na escola!!

O luns 3 de marzo foi o día grande na escola de A Ramallosa. Uns porquiños mui simpáticos chegaron á escola para celebrar o Entroido. Foi o mellor día para empezar unha gran semana de festa.

Tamén chegaron a escola de A Ramallosa uns galos e galliñas mui presumidos/as. A escola convirteuse nunha granxa donde non faltaba ningún detalle.

Celebración do día da Paz na Escola Infantil de Pontecesures

17-02-2014

O día 30 de xaneiro conmemorouse o día da paz nas escolas infantís Cuquiños, e na escola de Pontecesures os nenos e nenas realizaron varios murais para adormar a escola con motivo dese día.

Celebración do día da Paz na Escola Infantil As Lagoas de Mugardos

06-02-2014

O día 30 de xaneiro, os nenos e as nenas da Escola Infantil de Mugardos, celebramos o día da paz e da non violencia, soltando uns globos brancos ao ceo e rematando cun forte aplauso, pasámolo xenial!!