Escolas Infantís Cuquiños

Novas

NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE PONTEDEUME CELEBRAMOS O DIA DA ÁRBORE

21-03-2010

  Hoxe os nenos e nenas plantaron lentellas nun vaso de iogur para levar para a casa, non tardarán moito en ver algún resultado.  Os máis maiores ( 2 a 3 anos) saímos o  patio exterior da escola a plantar unha árbore.

 

No "Chalet Rosa" a semana do 08 0 12 de Marzo adicamola a facer talleres con períodicos e revistas.

12-03-2010

Durante toda  a semana realizamos diferentes talleres con papeis reciclados:

- Elaboramos un períodico.

- Forramos un mantel de plástico con papel de períodico.

- Fixemos pelotas con papel reciclado

- E un largo etc de actividades, todas con papeles reciclados......

 

 

OS NENOS DA ESCOLA INFANTIL DA RAMALLOSA  ¡¡¡ IMOS DE EXCURSIÓN Ó CONCELLO!!!

17-03-2011

  Este mércoles 23 de marzo, os nenos e nenas de 2 a 3 anos, imos  visitar o noso concello, como actividade do noso proxecto no  mes de marzo, ademais do visionado de fotos e obxetos antigos, realización dun mapa con pictogramas, exposición de fotos etc, para que os nenos e nenas coñezan como era antes o seu concello.Na nosa visita esperamos descubrir como funciona e canta xente hai traballando alí para Teo. Aproveitaremos a viaxe para ver un pouco o noso contorno próximo e iremos en autobus, cousa que nos encanta.