Escolas Infantís Cuquiños

Novas

CELEBRACIÓN DA FESTA DO OUTONO

31-10-2010

EXCURSIÓN FRAGAS DO EUME (uns días antes da festa do Outono). Esta actividade consiste en realizar unha saída ás Fragas do Eume, un parque natural cercano á escola para observar o entorno, as características do mesmo segundo a época do ano na que estamos e recoller follas, castañas, ourizos, landras, etc.

FESTA DO OUTONO (realizámola a última semana de outubro). O día da festa manipulamos todos os materiais recollidos durante a excursión e cada neno e nena trae da casa un cucurucho con castañas.

Os alumnos da escola infantil de Saviñao

29-10-2010

Os alumnos da escola infantil municipal de Saviñao, celebraron o Samaín diseñando unhas cabazas moi orixinais e deixaron o colexio moi bonito, para eso tuveron que esforzarse un montón, pero quedoulles precioso.

EDUCANDO NO ENTORNO

22-10-2010

 A finais de setembro tivemos un taller moi especial, xa que traballamos a VENDIMA. O Saviñao forma parte da Ribeira Sacra por iso esta actividade nos resultou moi familiar e divertida. Estivemos sacando os racimos de uvas da vide e por último pisamolos como fan os nosos papás e avós para facer o viño. 

Os cuquiños de Becerreá realizaron actividades entorno os oficios.

23-09-2010

Na escola infantil municipal de Becerreá tuveron a visita dun albanel que amosoulle os nenos diferentes utensilios que soe utilizar un albanel na súa labor diaria.

No salón de actos do Concello de Sober celebrouse un concerto de música.

20-05-2010

Os alumnos da escola infantil municipal de Saviñao gustanos moito a música, por esta razón non dudamos en acudir o concerto de música que se celebrou no concello de Sober a cargo da banda de música.

Na E.I.M de Pontedeume celebramos o dia das letras galegas cunha actuación moi tradicional.

17-05-2010

Como todos sabedes o dia 17 de maio celebrase do dia das LETRAS GALEGAS recibimos a visita dunha banda de gaitas e un grupo de baile galego que actuaron no patio exterior e os nenos e as nenas observaron a actuación moi atentamente pero o final  remataron  bailando ó son da banda.