Escolas Infantís Cuquiños

Alumnos da escola infantil de Valga coñecen o ciclo do pan acompañados polos seus avós

Aprendices de panadeiro

Coñecer o ciclo do pan coa axuda de profesionais e dos seus avós foi toda unha experiencia para a vintena de alumnos, de entre 0 a 3 anos, da escola infantil Cuquiños de Valga. A actividade enmárcase dentro do curso "Encontros interxeracionais", que organiza a asociación Axentiva e que nesta ocasión tivo como apoio aos integrantes da Asociación de Minusválidos de Valga, que confeccionaron os mandilóns e os gorros que empregaron os pequenos para realizar unha actividade que tardarán en esquecer.

REDACCIÓN - VALLA Os nenos tomárono como un xogo pero os maiores gozaron aínda máis na mañá de onte ao ver como os seus netos amasaban e daban forma aos exquisitos boliños que logo devoraron na merenda. E que non hai mellor lección que a práctica. Por iso, coa indumentaria típica do panadeiro, unha vintena de alumnos da Escola Infantil Cuquiños, de entre 0 a 3 anos de idade, puxéronse "mans á masa". Os avós que acudiron máis que gustosos á cita tamén se involucraron nunha actividade que con seguridade vai quedar fixado nas mentes dos pequenos  para sempre. Son os chamados Encontros Interxeneacionais que organizan a asociación Axentiva e que nesta ocasión tiveron como apoio os integrantes da Asociación de Minusválidos de Valga que días atrás confeccionou os mandilóns que evitaron que os pequenos manchasen a súa roupa do día. A actividade pon fin ao traballo de todo un ano no que se trata de inculcar o respecto por algunhas ancestrais tradicións, en particular a da elaboración do pan. Así, os alumnos coñeceron todo o proceso, dende a sementeira, á recollida do trigo e maiz, a malla, a moenda e o enfornado dos exquisitos bolos individuais . A satisfacción dos participantes foi patente durante toda a xornada. Os párvulos gozaron dun xogo no que podían ata mancharse e os maiores coas habilidades dos pequenos. Un verdadeiro éxito