Escolas Infantís Cuquiños

Novas

Nas escolas infantís municipais de Teo pasámolo "a mar" de ben no Entroido

19-02-2015

Vaia fondo mariño que fixeron!!! Cabaliños e estrelas... non faltou un detalle.

Semana do Entroido na escola infantil de Pontecesures

17-02-2015

Esta semana os "Cuquiños" de Pontecesues celebraron o Entroido por todo o alto. Os do último ano participaron no desfile da escola pública do Concello. Durante toda a semana fixeronse obradoiros de cociña, maquillaxe, marionetas, etc.

Visita ás Fragas do Eume do persoal da Escola Infantil de As Lagoas de Mugardos

08-01-2015

O sábado pasado as traballadoras da escola infantil de As Lagoas fómonos de camiñata-comida polas Fragas do Eume. Aquí tendes un pequeno resumo en imaxes.

Festa do Nadal na EI. O Saviñao

07-01-2015

Ola amig@s!!! Este ano na nosa festa de Nadal recibimos unha visita moi moi especial e queremos compartila con todos vos. Papá Noel veu a visitarnos e ademais de traernos un montón de agasallos quedouse a merendar. Foi moi divertido!!

Nas escolas infantís municipais de Teo realizamos, como cada ano, os simulacros de emerxencia.

15-12-2014

As escolas infantís municipais de Teo (A Ramallosa, Tilos e Calo) súmanse un ano máis, ca axuda de protección civil, a levar a cabo un simulacro de emerxencias. Grazas a estes simulacros, o persoal e os nenos van adquirindo coñecementos moi útiles para actuar ante calquera imprevisto.

Visita ó Hospital Lucus Agusti

15-12-2014

Por medio desta "pequena" representación, os nenos e nenas da escola infantil Hula achegaron os seus mellores desexos para estas datas e unha feliz entrada de ano 2.015 a todo o Hospital.