Escolas Infantís Cuquiños

Novas

O NADAL NA E.I.M. "CHALÉ ROSA" DE PONTEDEUME 

15-02-2012

Que ben o pasamos!!!

CONCURSO CABAZAS PAIS/NAIS

15-11-2011

CONCURSO E EXPOSICIÓN CABAZAS

ENTREGA DE PREMIOS

OS NENOS/AS DE UN A DOUS ANOS FAN UN AZO DE UVAS

15-11-2011

APROVEITANDO QUE É O TEMPO DA VENDIMA NA ESCOLA INFANTIL DE VALGA OS PEQUENOS DUN ANIÑO FIXERON UN AZO DE UVAS PARA ADORNAR O COLE, CADA UN PUXO A A SÚA MAN MOLLADA EN PINTURA MORADA NUN REDONDEL,  E LOGO XUNTAMOLAS FACENDO UN RACIMO DE UVAS

Que ben o pasamos coa pintura de dedos !!

CASTAÑAS QUENTIÑAS...

14-11-2011

Na escola infantil municipal de Valga celebrouse o magosto o pasado catro de novembro, as profes fixeron as castañas no cole para que estivesen quentiñas, e logo fixose unha merenda para pais e nenos/as, onde se podían degustar as castañas asadas, cocidas ou crúas.

GOZANDO DO OUTONO NA ESCOLA DE PONTEDEUME

14-11-2011

Estas últimas semanas realizamos diferentes actividades propias da época do ano na que nos atopamos. Saímos ó Paseo Marítimo de Pontedeume carcano á Escola e coa axuda de varias nais recollemos follas caídas das árbores. Outro día festexamos a vendima e os nenos e nenas pisaron as uvas para facer o zume. Tamén pedimos a colaboración das familias para facer unha exposición de cabazas na Escola que decoraron na casa e, hai que dicilo: nosos pais, nais e nenos-as son uns artistas! Outro día preparamos un pastel de cabaza e..., por último, celebramos a Grande Festa do Outono onde os nenos e nenas pasárono xenial xogando coas follas, pintando a cara, comendo o pastel,...

FESTA OUTONO DE SAMAÍN

14-11-2011

TALLER DE DEGUSTACIÓN