Escolas Infantís Cuquiños

Novas

CLASES DE MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL DE BECERREÁ

15-04-2010

Hola como podedes ver estamos feitos uns artístas, na escola aprendemos a tocar todos os instrumentos sobre todo os máis tradicionais, as nosas educadoras enseñannos a tocar a gaita e a pandereta. A clase foi moi didáctica e moi divertida.

OBRADOIRO NA MIÑA HONRA

09-04-2010

Hola a todos son Conchiña a mascota da E.I.M do Saviñao; aquí vivo feliz na miña pisciniña xogando cos nenos/as vendo como aprenden, como traballan, como se divirten....

Vouvos contar o que máis me gusta do meu fogar , vós xa sabedes que son moi curiosiña e ordenada, por iso, me encontro tan agusto aqui, ademais, no meu tempo de lecer pasoo de maravilla mirando a decoración do noso cole, que sempre está acorde coa época do ano na que estamos e mires para onde mires está todo fermosísimo.

Na escola temos un dia moi especial, os venres, que os dedicamos ós obradoiros que están  programados para cubrir as necesidades do seu desenvolvemento afectivo-social, da linguaxe, psicomotor e cognitivo; ademais sempre intentamos relacionalo coa temporada e os recursos que nos ofrece o medio.

OS NENOS DAS ESCOLAS INFANTILES MUNICIPAIS DE VALGA E MEIS DISFRUTARON DO TEATRO COAS ALUMNAS DE FP DO CENTRO PRIVADO FESAN

07-04-2010

Os alumnos disfrutaron cunha obra de teatro e cas actividades que o rematar realizaron as alumnas cos nenos.

NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE PONTEDEUME CELEBRAMOS O DIA DA ÁRBORE

21-03-2010

  Hoxe os nenos e nenas plantaron lentellas nun vaso de iogur para levar para a casa, non tardarán moito en ver algún resultado.  Os máis maiores ( 2 a 3 anos) saímos o  patio exterior da escola a plantar unha árbore.

 

No "Chalet Rosa" a semana do 08 0 12 de Marzo adicamola a facer talleres con períodicos e revistas.

12-03-2010

Durante toda  a semana realizamos diferentes talleres con papeis reciclados:

- Elaboramos un períodico.

- Forramos un mantel de plástico con papel de períodico.

- Fixemos pelotas con papel reciclado

- E un largo etc de actividades, todas con papeles reciclados......

 

 

OS NENOS DA ESCOLA INFANTIL DA RAMALLOSA  ¡¡¡ IMOS DE EXCURSIÓN Ó CONCELLO!!!

17-03-2011

  Este mércoles 23 de marzo, os nenos e nenas de 2 a 3 anos, imos  visitar o noso concello, como actividade do noso proxecto no  mes de marzo, ademais do visionado de fotos e obxetos antigos, realización dun mapa con pictogramas, exposición de fotos etc, para que os nenos e nenas coñezan como era antes o seu concello.Na nosa visita esperamos descubrir como funciona e canta xente hai traballando alí para Teo. Aproveitaremos a viaxe para ver un pouco o noso contorno próximo e iremos en autobus, cousa que nos encanta.