Escolas Infantís Cuquiños

 VISITA DE VICTOR VILARIÑO ( UN DESTACADO TROMPETISTA GALEGO) A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE SAVIÑAO

- A MÚSICA NA E.INF. MUNICIPAL DO SAVIÑAO

Na nosa escola temos clases de música e de cando en vez recibimos a visita de algún músico para que nos ensine o seu instrumento e nos deixe tocalo. Xa coñecemos varios, como o CLARINETE que o trouxo a nosa profe Tamara para que poidesemos tocar como ela. ¡¡ Foi moi divertido!! Outro dia veu a visitarnos Victor Vilariño un importante trompetista galego. Ensinounos diferentes tipos de trompetas, coñecemos o seu son...e por último deixounos tocar

¡¡ Qué ben o pasamos!!!... Para que o poidades comprobar poñemosvos unha foto, xa que unha imaxe vale máis que mil palabras..¿ Quen será o próximo músico en vir a visitarnos?.. Xa vos contaremos....