Escolas Infantís Cuquiños

TEMOS UN  HORTO ESCOLAR NA EIM CELANOVA 

TEMOS UN  HORTO ESCOLAR NA EIM CELANOVA

En maio pedimos ós pais/nais a súa colaboración cun saco de terra por cada neno/a para preparar a terra do noso horto.Algún avó ata nos trouxo leitugas e tomates. Despois de ter preparada a terra prantamos: tomates, leitugas, porros, amorodos, acelgas, espinaca, calabazas de cacahuete e xudías, ata unha sandía e albahaca que tamén nos regalaron.Entre os nenos/as e as educadoras estamos coidando o noso horto. Os nenos/as pintaron un espantallo (porque temos moito paxariño que nos comen os amorodos) e os debuxos das prantas para identificalas.

Como vedes xa temos tomates, leitugas e amorodos listos para comer!!!