Escolas Infantís Cuquiños

TALLER DE COCIÑA MOI NAVIDEÑO

ARBORE DE NADAL MOI DOCE

O pasado luns na Escola Infantil da Ramallosa fixemos un taller de cociña moi navideño: unha árbore do Nadal, para o cal empregamos pan de molde, crema de cacao e virutiñas de chocolate e caramelo.

Unha receita moi sinxela para os nenos/as, moi vistosa e divertida e, sobre todo, riquísima! Os nenos pasárono moi ben elaborando a receita, pero pasárono aínda mellor cando chegou a hora de probala.Hai vos mando unha mostra para que vexades e degustedes. Bo proveito!!!