Escolas Infantís Cuquiños

Saída ao viveiro de plantas na Escola Infantil Municipal da Ramallosa

Saída ao viveiro de plantas na Escola Infantil Municipal da Ramallosa

Na escola de A Ramallosa, para clausurar este mes adicado aos oficios, fixemos unha visita ao lugar de traballo do papá de Naiara: un viveiro de plantas e flores. Grazas a Jose aprendemos moitas cousas sobre as plantas, sobre todo cómo se coidan e que é o que necesitan para estar así de bonitas. Ademáis contounos un conto sobre un xigante que un día apareceu no viveiro, o papá de Naiara asustouno e quedouse con un dos seus zapatos que agora garda de recordoe que tamén nos amosou: os nenos/as quedaron impresionados cando viron tamaño zapato!!!

Para rematar Jose agasallounos con un precioso detalle: unha plantiña para cada neno/a para que poidan coidala coa axuda da súa familia. Grazas Jose por ensinarnos tantas cousas e facer que pasáramos unha mañá tan agradable!!