Escolas Infantís Cuquiños

"Xuntanza familiar no entorno natural do Xirimbao"

Para clausurar o  mes do medioambiente

Para clausurar o  mes do medioambiente decidimos organizar unha saída ao entorno natural do Xirimbao, pertencente ao Concello de Teo. Os nenos/as foron acompañados das súas familias e xuntos disfrutaron de unha tarde diferente e moi, moi divertida.Nesta xuntanza os nenos e nenas aprenderon como coidar da natureza, reciclando, non tirando lixo ao chan..., tiveron a ocasión de escoitar un conto ao aire libre, participaron coas súas familias en xogos tradicionais,merendaron biscoito que fixemos esa mesma mañá no taller de cociña da escola,  e sobre todo, desfrutaron moito moitísimo deste entorno maravilloso como é o Xirimbao.

Grazas a todos/as, nenos e non tan nenos, por asistir e participar nesta xuntanza!!!