Escolas Infantís Cuquiños

OS ALUMNOS DA E.I.M DE SAVIÑAO VISITAMOS O C.P.I. Dr. LÓPEZ SUAREZ

VISITAMOS O C.P.I. Dr. LÓPEZ SUAREZ

 O Venres 01 de xuño os alumnos de 2-3 anos da Esc. Infantil Municipal do Saviñao fixemos unha saída moi especial, xa que fomos a visitar o que será o noso colexio o próximo curso. Acudimos a esta excursión coas nosas profes e tamén cos nosos papás e mamás, pasamolo xenial nas actividades que nos tiñan preparadas e xogando cos que serán os nosos compañeiros a partir de setembro.

Unha vez rematada a visita e antes de volver ó cole comemos todos xuntos na Devesa un lugar moi querido no noso pobo. Foi un día fantástico!!!!