Escolas Infantís Cuquiños

O SAMAIN NA EIM CELANOVA

Durante a última semana de outubro estivemos traballando o Samain: pintamos pinzas e pegámoslle un morcego, fixemos un castelo con pantasmas (cada neno/a era unha pantasma),  pintamos noces e fixemos arañas. E como non podía faltar, coa colaboración dos pais/nais que nos trouxeron cabazas, cada neno/a pintou unha e fixemos uns simpáticos "ratiños". Ata as profes puxemos uns gorros de bruxas. Pasamolo moi ben!!!!

Como premio do noso traballo dúas nais trouxéronnos unhas chocolatinas  con forma de cabazas. Qué ricas!!!

Moitas gracias.