Escolas Infantís Cuquiños

Na Escola Infantil Municipal de A Ramallosa damos por rematado o mes da música e queremos agradecer a todos os artistas que colaboraron neste proxecto:

CLAUSURA DO MES DA MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL DA RAMALLOSA

Cuarteto de música clásica Airela, o gaiteiro Pablo Seoane, o grupo "Thehomens´4" e a banda de gaitas de Oza.

E, sobre todo, queremos dalas grazas ás familias que tamén participaron de cheo neste mes da música: asistindo á presentación do proxecto, interesándose polas actividades, aportando materiais para algunhas das actividades...e por facer posible unha maravillosa exposición de instrumentos musicais feitos por eles mesmos con material de refugallo. Mirade, mirade...menudo derroche de imaxinación e creatividade!

Sodes uns xenios!

Permitídenos un agradecemento especial para os avós dos mellizos Roi e Carlos e aos papás de Tomás.