Escolas Infantís Cuquiños

FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE PONTEDEUME.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE PONTEDEUME

Un ano máis celebramos o Festival de Fin de Curso onde os pequenos e pequenas foron os protagonistas do evento. O grupo dos bebés disfrazáronse cos seus pais e nais de animais e bailaron con Gema e o grupo de 1-2 anos bailaron e cantaron vestidos de mariñeiros con María e Lucía. Os maiores da Escola bailaron unha canción en inglés e interpraron un conto con Elena e Rosi. 

Por último tivemos a Graduación onde os nenos e nenas que deixan a Escola recibiron un diploma e un cd con varias fotos como recordo do seu paso pola Escola. Para rematar o día fixemos unha merenda no patio da Escola coas familias.