Escolas Infantís Cuquiños

MES DOS OFICIOS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DA RAMALLOSA

MES DOS OFICIOS NA ESCOLA INFANTIL DA RAMALLOSA

Este mes de maio celebramos na Ramallosa o mes dos oficios e os familiares dos nenos/as foron invitados para que compartan con nós a súa profesión.

Lucía, a mamá de Tomás, apuntouse a esta interesante actividade e amosoulles aos nenos/as o seu oficio: "xornalista". Os pequenos/as quedaron totalmente abraiados, sobre todo cando Lucía lles trouxo unha boa nova publicada no seu periódico : "Os cuquiños reciben un lote de xoguetes novos", menudo notición!!!

Gracias Lucía polas boas novas e pola túa participación unha vez máis.

 

Estamos agardando que nos visite algún familiar máis para que nos conten cousas moi interesantes. Xa vos iremos informando!!!