Escolas Infantís Cuquiños

CLAUSURAMOS O MES DA MÚSICA CUNHA ACTUACIÓN ESPECIAL

OS GAITEIROS DE OZA NA ESCOLA INFANTIL DA RAMALLOSA

Para clausurar o mes da música viñeron a visitarnos á nosa escola a banda de gaiteiros de Oza, que tocaron varias pezas que deixaron abraiados aos máis pequenos/as.

Aínda que ao comezo da actuación o ruído das gaitas asustaron a máis dun, moi pronto se acostumaron e non facían máis que pedir "outra, outra!" Menudo público, nunca se cansan!

 

Dende a escola de A Ramallosa queremos agradecer a esta estupenda banda de gaiteiros por colaborar connosco e facernos pasar unha mañá do máis galega e divertida! Grazas!!!