Escolas Infantís Cuquiños

A policía estivo na escola de A RAMALLOSA..., pero non vos asustedes que só nos viñeron facer unha visita.

POLICIA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DA RAMALLOSA

Jose, o papá de Lois, é policía e quiso mostrarlles aos nenos/as en que consiste o seu traballo. Jose e algúns dos seus compañeiros viñeron totalmente uniformados, e con todo o material que necesitan para facer ben o seu traballo: defensas, grilletes, cascos...e dúas motos e un super-coche que fixeron que os nenos/as quedasen totalmente abraiados, sobre todo cando fixeron soar as sirenas. Que divertido!!!

Ah! E por se esto fose pouco, trouxeron regalos para tódolos nenos e nenas; que bos son estos policías!

Moitas grazas ao papá de Lois, aos seus compañeiros e ao inspector Beltrán que fixeron posible esta interesante e educativa visita.