Escolas Infantís Cuquiños

O Entroido na escola infantil de As Lagoas (Mugardos)

O Entroido na escola infantil de As Lagos (Mugardos)

A Escola Infantil As Lagoas celebrou o entroido no pavillón municipal o pasado día 5 de marzo. Non faltou ninguén, nenos/as, avós, tíos, irmáns,pais, nais... ninguén quixo perderse a festa á que non lle faltou detalle.

Houbo unha gran comparsa, desfile, baile e unha merenda estupenda con doces típicos desta época: orellas, filloas, torrellas...Dende a escola queremos dar as grazas a todos por participar e facer neste día unha tarde tan especial!!! O persoal da escola agradecemos a colaboración das familias. Podedes ver nestas fotos aos nosos trogloditas, damas, cabalairos e exipcios, estaban todos guapísimos!!!