Escolas Infantís Cuquiños

FESTIVAL DE NADAL CON VISITA DE PAPA NOEL INCLUIDA

FESTIVAL DE NADAL NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE CELANOVA

Hoxe na Escola Infantil Municipal de Celanova celebraron o festival de Nadal onde todos os nenos/as  cantaron a paxoliña "o burriño sabaneiro" e bailaron coas maracas feitas por eles "Gatatumba". Despois tiveron unha recompensa coa visita de Papá Noel que lle trouxo un regalo e caramelos.

Irene unha nena da aula 2-3 deulle ó Papá Noel as súas chupetas para que llas leve ós bebés.

Todos os nenos/as e profes desexámosvos unhas BOAS FESTAS e un próspero 2011