Escolas Infantís Cuquiños

Novas

Nas escolas infantís municipais de Teo realizamos, como cada ano, os simulacros de emerxencia.

15-12-2014

As escolas infantís municipais de Teo (A Ramallosa, Tilos e Calo) súmanse un ano máis, ca axuda de protección civil, a levar a cabo un simulacro de emerxencias. Grazas a estes simulacros, o persoal e os nenos van adquirindo coñecementos moi útiles para actuar ante calquera imprevisto.

Visita ó Hospital Lucus Agusti

15-12-2014

Por medio desta "pequena" representación, os nenos e nenas da escola infantil Hula achegaron os seus mellores desexos para estas datas e unha feliz entrada de ano 2.015 a todo o Hospital.

A escola infantil de As Lagoas de Mugardos desexa un Feliz día dos Dereitos Humanos!!

11-12-2014

A Escola Infantil de As Lagoas de Mugardos celebrou o día dos Dereitos Humanos facendo unha árbore de cores. Colaboramos todos, as educadoras e os nenos de tódalas unidades!! Por un mundo máis xusto!!!

Elaboración de galletas na EIM. As Lagoas de Mugardos

05-12-2014

Con motivo do día contra a violencia de xénero na escola Infantil As Lagoas decidimos facer unhas galletas en forma de corazón para agasallar ás familias. Os nenos das unidades 1-2 e 2-3 participaron nun obradoiro de cociña, amasaron e moldearon as galletas e unha vez feitas, con axuda das educadoras, metéronas nuns envoltorios de cores pechados cun lazo de cor morado, cor mundialmente representativa nesta loita. Estas son algunhas das fotos do proceso de elaboración e do resultado final... DELICIOSAS!!!

Así celebramos O Magosto e o Samaín na escola infantil de As Lagoas de Mugardos.

04-11-2014

A escola infantil de As Lagoas celebrou o Magosto e O Samaín con diversas festas e obradoiros... Pasámolo fenomenal!!!! 

Inicio do curso na escola infantil de Mugardos

10-09-2014

A Escola infantil Municipal de As Lagoas de Mugardos preparan o inicio do curso